Centro de Interpretación da Faba
O Centro de Interpretación da Faba, promovido polo Concello de Lourenzá, abriu as súas portas en outubro do ano 2004. Este Centro naceu co obxectivo de difundir as características da leguminosa e as técnicas de cultivo tradicionais que dende hai séculos se empregan na Mariña lucense.
A materialización do proxecto foi posible grazas aos fondos europeos do Plan Leader Plus Terras de Miranda.
|
Instalacións O Centro consta de cinco espazos diferenciados, a través dos que é posible percorrer a historia da faba dende o seu descobremento ata os nosos días. O percorrido inclúe paneis expositivos, unha sala de proxeccións e mesmo unha biblioteca con conexión á rede.
Como Chegar O Centro de Interpretación da Faba está situado nas antigas cabaleirizas do mosteiro benedictino de San Salvador. Este conxunto arquitectónico foi fundado no século X polo conde Osorio Gutiérrez, coñecido popularmente como O Conde Santo.
Visitas Organizadas O Centro de Interpretación ofrece a posibilidade de realizar visitas organizadas destinadas especialmente a centros escolares.
|
|