Faba de Lourenzá Noticias Centro de prensa Subscrición Ligazóns Postais Libro de visitas
Centro de interpretación Faba no mundo Faba Lourenzá Gastronomía Festa da faba Para nenos Lourenzá
Globo 1
Instalacións Como chegar Visitas organizadas
Globo 3
Mascota
 

Instalacións do Centro de Interpretación


Zona 1 - A faba no mundo
 

Zona 1 - A faba no mundo

Situado na planta baixa do museo, este espazo achega información sobre a orixe e evolución da especie arredor do mundo. A información estrictamente botánica, o descobremento de América e os costumes dos diferentes pobos constitúen os fíos conductores desta sala.
 
Zona 2 - A Faba de Lourenzá
 

Zona 2 - A Faba de Lourenzá

Por que sobresaen de xeito especial as fabas que se cultivan no Val de Lourenzá? Esta zona da planta baixa resposta ao interrogante por medio de texto, imaxes e unha maqueta da zona.
 
Sala túnel
 

Sala túnel

Un dos espazos máis impactantes do Centro de Interpretación é este túnel cego de pedra, que mide 18 metros de lonxitude e lles serviu aos monxes como pasadizo de fuxida. Nel, baixo unha plataforma de vidro, poden verse diferentes apeiros empregados tradicionalmente no cultivo, recolección e procesado da Faba de Lourenzá.
 
Sala cíber
 

Sala cíber

Un dos altillos do museo está dotado de varios equipos informáticos conectados á rede, dende os que é posible consultar esta mesma web e outros recursos dispoñibles sobre o tema. Unha biblioteca de obras relacionadas complementa a información en liña.
 
Sala de proxeccións
 

Sala de proxeccións

Os cinco espazos do museo complétanse cunha sala na que periodicamente se proxectarán diversos traballos relacionados coa Faba, de carácter divulgativo e artístico. Precisamente a arte será especial protagonista desta zona, que acollerá diversas exposicións.
 


Plano do Centro
Nesta páxina pode consultarse un plano das diferentes zonas que conforman o museo.

Exposición en liña
Podes ver os paneis expostos no Centro de Interpretación de Faba de Lourenzá na Galería de Imaxes.


© CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FABA, LOURENZÁ