|
|
O concello
Gastronomía Dende o ano 1991 vense celebrando en Vilanova de Lourenzá a Festa da Faba, un conxunto de actividades co que se pretende popularizar este produto de gran calidade. Preparadas con xamón, en empanada, en torta e ata en biscoito, estas fabas do val do Masma contan xa cun lugar de seu na gastronomía da zona.
Durante a Festa da Faba, os bares e restaurantes de Lourenzá ofrécenlles aos visitantes as máis variadas e orixinais receitas elaboradas con esta leguminosa.
Non desmerece en absoluto a reposteiría do municipio e os seus arredores, destacando produtos como a Tarta de Mondoñedo, a Rosca de Santa Cruz ou as Colinetas do Valadouro.
|