O concello de
Vilanova de Lourenzá forma parte da Mariña Central de Lugo. Con 62,83 quilómetros cadrados de superficie, limita ao norte con Foz, ao sur con Riotorto, ao leste con Foz, Barreiros e Trabada, e ao oeste con Mondoñedo.
A
privilexiada situación de Lourenzá permite, malia atoparse no interior, o rápido desprazamento ás numerosas
praias do Cantábrico lucense. A praia de Foz dista tan só 15 km; a de Arealonga, 17; a de Areoura, en Burela, 27 e a famosa de Covas, en Viveiro, 57. Durante a época estival, un servizo diario de autobuses une Vilanova cos diferentes areais da zona, especialmente cos de Foz.
Poboación
O concello de Lourenzá conta con 2.699 habitantes distribuídos por parroquias do xeito que sigue*:
Santa María - 1.297 - 48,05%
San Xorxe - 349 - 12,93%
San Tomé - 488 - 18,08%
San Adriano - 565 - 20,93%
A poboación do municipio diminuiu progresivamente dende o ano 1900, cando contaba con 5.015 habitantes. Este descenso puido deberse, en parte, á forte emigración dirixida primeiro cara a América e despois cara a Europa, ás zonas industriais españolas e mesmo a outros concellos limítrofes como Foz ou Ribadeo.
* Datos obtidos en maio de 2004.