|
|
Preparación do terreo
A preparación do terreo para a sementeira iníciase con dous ou tres pases cruzados de grada ou fresadora. Simultáneamente incorpórase na superficie de cultivo un fertilizante nitroxenado, sen superar en ningún caso os 25 centímetros de profundidade. Se fora necesaria a corrección de solos ácidos, esta realizarase mediante a achega de cal ou dolomita cálcico-magnésica. Tamén cómpre aplicar abonos fosfopotásicos para cubrir as extraccións do cultivo.
Aboado orgánico Para o aboado orgánico aplícase durante os meses de febreiro - marzo unha dose de esterco con grada de disco ou un arado pouco profundo. A cantidade aproximada ronda os 30.000 - 40.000 kg/ha, reducíndose esta a un tercio nos casos nos que se aplique esterco de galiña.
|