Faba de Lourenzá Noticias Centro de prensa Subscrición Ligazóns Postais Libro de visitas
Centro de interpretación Faba no mundo Faba Lourenzá Gastronomía Festa da faba Para nenos Lourenzá
 

Faba de Lourenzá

Debido ás características do solo e ás técnicas tradicionais empregadas no seu cultivo, as leguminosas producidas na Mariña lucense presentan unha calidade culinaria excepcional.

Estas condicións edafolóxicas da zona son especialmente favorables para o cultivo da faba, obténdose un gran brillante, de pel fina e polpa tenra, cunha agradable textura e un característico sabor.

No que respecta ao clima, as abundantes chuvias na área produtora de Faba de Lourenzá –1.200-1.400 mm/ano- e as temperaturas suaves –media anual de 12 a 14°- favorecen o óptimo desenvolvemento vexetativo dos cultivos e, por conseguinte, obtéñense unhas colleitas finais de calidade contrastada.

Nas zonas agrícolas produtoras predominan os solos francos e franco-lamacentos, con valores de pH comprendidos entre 7 e 5, ideais para o cultivo da faba.


Historia e influencia asturiana
As primeiras referencias coñecidas sobre o mercado de fabas de Lourenzá remóntanse ao século XVIII. Dende aquela ten pasado por diversas etapas ata o seu rexurdimento entre os anos 1970 e 80.

Enfermidades
O cultivo das leguminosas adoita verse afectado por diversas enfermidades, causadas por fungos e pragas. Para evitalas, cómpre adoptar unha serie de medidas preventivas e aplicar tratamentos específicos.

Produción, distribución e procesado
Galicia sitúase entre as principais comunidades produtoras de fabas do país. Dentro da nosa comunidade, o mercado de Lourenzá consolidouse como un referente ao acadar a cifra de 600 toneladas de transacción anual deste produto agrícola.

Denominación de Orixe
Actualmente trece concellos da Mariña lucense constitúen a zona productora de Fabas de Lourenzá. Dende o ano 2000, contando co apoio da Xunta de Galicia, trabállase para lograr unha Denominación de Orixe Protexida para esta leguminosa.

Técnicas de cultivo
O sistema de cultivo tradicionalmente empregado na producción da faba está intimamente vencellado en Galicia á produción de millo. Malia ter sido esta a técnica predominante, nas últimas décadas introduciuse paulatinamente o monocultivo da faba con entitorado.

Galería de imaxes
As etapas e modalidades de cultivo, os carteis da Festa da Faba, imaxes históricas... dispoñibles nesta galería en liña.




Banner festa

© CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FABA, LOURENZÁ