A Festa da Faba
A Festa da Faba naceu en 1990 froito dunha iniciativa do Concello de Lourenzá para promocionar o consumo da leguminosa e incrementar o seu prezo. Dende aquela primeira edición, que consistiu na celebración dun concurso de fabas,aumentáronse paulatinamente as actividades organizadas.
Actualmente este acontecemento reune no Concello a primeira fin de semana de outubro a produtores, compradores, tratantes e consumidores da Faba de Lourenzá; un legume que xa se exporta na actualidade a mercados como os de Madrid ou Barcelona.
Na Festa da Faba, que cada ano atrae a milleiros de persoas, combínanse a exaltación gastronómica e a celebración de eventos lúdicos e culturais. Así, as exposicións, o baile, a música ou o teatro contan xa cun espazo de seu no programa de actos.
Inicialmente a Festa, declarada de Interese Turístico Galego pola Xunta de Galicia, celebrábase integramente o primeiro domingo de outubro. Dende o ano 2003 esténdese ao longo de toda a fin de semana cun notable incremento das actividades propostas.
|
Programa As degustacións gastronómicas son só un dos piares do programa da Festa da Faba. Este complétase coa celebración de eventos lúdicos e culturais de diversa índole. Os nenos contan cun espazo propio, onde cada ano se instalan diversas atraccións e xogos inchables.
Expositores Os fabeiros e os artesáns constitúen os dous grupos principais de expositores que citan na Festa da Faba. Conflúen xunto a eles diversas asociacións e institucións públicas. Nesta páxina pode informarse dos requisitos a seguir para presentar os seus produtos na Festa.
Cando a natureza é arte Os organizadores da Festa da Faba salientan ano a ano a relación existente entre a arte e a Faba de Lourenzá. Froito desta idea naceron a Lenda das Artes e o Concurso Fotográfico da Festa da Faba, que convoca en cada edición a artistas gráfico de toda Galicia.
|
|