Faba de Lourenzá Noticias Centro de prensa Subscrición Ligazóns Postais Libro de visitas
Centro de interpretación Faba no mundo Faba Lourenzá Gastronomía Festa da faba Para nenos Lourenzá
 

Gastronomía

Dende a máis remota antigüidade, os legumes desempeñaron un papel primordial na alimentación humana. Esta tendecia debeuse, entre outros factores, á súa capacidade de conservación e ao seu alto valor nutritivo e enerxético.

Nos primeiros anos da década dos 60 comezou a descender en España o consumo de leguminosas, que foron consideradas por algúns sectores como o alimento das clases sociais máis desfavorecidas. Os novos modos de alimentación imitaron a outros países nos que non era habitual a inxesta de legumes e a poboación rural que chegou ás cidades diversificou a súa alimentación ante a maior oferta de productos. Ademais, o cambio nos hábitos de vida e os horarios de traballo propiciaron a simplificación das comidas.

Con todo, esta tendencia negativa freouse a mediados dos anos 70 para reducirse despois progresivamente gracias a diversos estudios nutricionais e ao crecente interese por unha alimentación saudable. Sen dúbida, o labor dos grandes cociñeiros, destinado a reinterpretar os pratos tradicionais e a propoñer novos usos dos legumes, resultou primordial na recuperación deste ingrediente para a nosa gastronomía.


Listaxe de receitas
As fabas son un dos alimentos máis extendidos e empregados en todo o mundo. Nesta páxina poden consultarse unha serie de receitas que abranguen a nosa cociña tradicional, as innovacións gastronómicas ou mesmo as especialdades internacionais.

Envío de receita
Se o desexas podes mandarnos a túa receita favorita, elaborada a base de fabas. Pratos típicos, de nova cociña ou reinterpretacións das comidas de sempre. As receitas enviadas, serán posteriormente publicadas na web.



Valores nutricionais
As análises do contido dos nosos legumes secos en nutrintes permite consideralos como unha importante fonte de proteínas. Sobresae ademais a súa achega en hidratos de carbono, fibra e diversas vitaminas, polo que constitúen unha boa e económica alternativa a alimentos como a carne, o leite, os ovos ou o peixe.


© CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FABA, LOURENZÁ