Gastronomía
Dende a máis remota antigüidade, os legumes desempeñaron un papel primordial na alimentación humana. Esta tendecia debeuse, entre outros factores, á súa capacidade de conservación e ao seu alto valor nutritivo e enerxético.
Nos primeiros anos da década dos 60 comezou a descender en España o consumo de leguminosas, que foron consideradas por algúns sectores como o alimento das clases sociais máis desfavorecidas. Os novos modos de alimentación imitaron a outros países nos que non era habitual a inxesta de legumes e a poboación rural que chegou ás cidades diversificou a súa alimentación ante a maior oferta de productos. Ademais, o cambio nos hábitos de vida e os horarios de traballo propiciaron a simplificación das comidas.
Con todo, esta tendencia negativa freouse a mediados dos anos 70 para reducirse despois progresivamente gracias a diversos estudios nutricionais e ao crecente interese por unha alimentación saudable. Sen dúbida, o labor dos grandes cociñeiros, destinado a reinterpretar os pratos tradicionais e a propoñer novos usos dos legumes, resultou primordial na recuperación deste ingrediente para a nosa gastronomía.
|
Listaxe de receitas As fabas son un dos alimentos máis extendidos e empregados en todo o mundo. Nesta páxina poden consultarse unha serie de receitas que abranguen a nosa cociña tradicional, as innovacións gastronómicas ou mesmo as especialdades internacionais.
Envío de receita Se o desexas podes mandarnos a túa receita favorita, elaborada a base de fabas. Pratos típicos, de nova cociña ou reinterpretacións das comidas de sempre. As receitas enviadas, serán posteriormente publicadas na web.
|
|