Faba de Lourenzá NoticiasCentro de prensaSubscriciónLigazónsPostaisLibro de visitas
Centro de interpretación Faba no mundo Faba Lourenzá Gastronomía Festa da faba Para nenos Lourenzá

Globo 1
De fábula Xoguemos Sabías que...? Manualidades
Globo 3
Mascota
 

A princesa e a faba

había unha vez un príncipe que quería casar cunha princesa, pero que non quedaba contento se non era unha princesa de verdade. Dese xeito, dedicouse a buscala polo mundo enteiro, aínda que inutilmente, xa que a todas as que lle presentaban lles atopaba algún defecto. Princesas había moitas, pero nunca podía estar seguro de que o foran de verdade: sempre había nelas algo que non remataba de estar ben. Así que volveu á súa casa cheo de sentimentos, pois ¡desexaba tanto unha verdadeira princesa!
A princesa e a faba
Unha noite desatouse unha treboada terrible. Caían os lóstregos e os tronos e empezou a chover a chuzos, ¡era arrepiante! De súpeto petaron na porta da cidade e o vello rei foi a abrir en persoa.

Na porta había unha princesa. Pero, ¡mimadriña, como se puxera co mal tempo e a choiva! A auga pingáballe polo pelo e as roupas, entráballe nos zapatos e saía de novo polos calcaños. A pesares diso, ela insistía en que era unha princesa real e verdadeira.

"Bueno, iso saberémolo axiña", cavilou a vella raíña.

Sen dicir unha palabra foise ao seu cuarto, quitou toda a roupa da cama e puxo unha faba enriba do bastidor; despois colocou vinte colchóns enriba da faba, e enriba deles, vinte almofadas feitas coas plumas máis suaves que un poida imaxinar. Alí tería que durmir toda a noite a princesa.

Á mañá seguinte preguntáronlle que tal durmira.

-Ai, terriblemente mal! –dixo a princesa-. Apenas puiden pechar os ollos en toda a noite. ¡Vaia saber vostede o que había nesa cama! Deiteime enriba de algo tan duro que amencín chea de mazaduras por todas partes. Foi horrible!

Escoitando isto, todos comprenderon rapidamente que se trataba dunha verdadeira princesa, xa que sentira unha faba nada menos que a través dos vinte colchóns e as vinte almofadas. Só unha princesa podía ter a pel tan delicada.

E así o príncipe casou con ela, seguro de que a súa era toda unha princesa. E a faba foi enviada a un museo, onde pode verse aínda, de non ser que a roubara alguén.

Este si que foi todo un conto, verdade?
Porque os feixóns son tan pequenos?
A princesa e a faba
A faba máxica
Tolina, a faba rosmona
A palla, a ascua e a faba


© CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FABA, LOURENZÁ