Faba de Lourenzá NoticiasCentro de prensaSubscriciónLigazónsPostaisLibro de visitas
Centro de interpretación Faba no mundo Faba Lourenzá Gastronomía Festa da faba Para nenos Lourenzá

Globo 1
De fábula Xoguemos Sabías que...? Manualidades
Globo 3
Mascota
 

A palla, a ascua e a faba

vivía nunha aldea unha velliña que, despois de recoller un prato de fabas, dispoñíase a cocelas. Preparou o lume na lareira e, para que ardera máis axiña, encendeuno cun feixe de palla. Ao botar as fabas na ola, caeulle unha sen que se decatara e caeu no chan, a carón dunha faragulla de palla. Pouco tempo despois unha ascua saltou da lareira e caeu xunta a palla e a faba.
A palla, a ascua e a faba
Comezou a falar entón a faba:

-Amigos, de onde vides?

E respostoulle a brasa:

-Sorte que tiven de poder saltar do lume! De non ser pola miña carraxe, aquí acababan os meus días. Teríame consumido ata converterme en cinza.

Dixo a faba:

-Tamén eu salvei a vida. Porque se a vella consigue botarme na ola, a estas horas estaría xa cocida e convertida en puré, como as miñas compañeiras.

-Non me agardaba mellor futuro a min –dixo a palla-. Tódalas miñás irmás foron ao lume por culpa da vella, e agora non son máis que fume. Sesenta colleu dunha vez para quitárno-la vida. Por sorte, puiden esvarar entre os seus dedos.

-E que imos facer agora?- preguntou o carbón.

-Na miña opinión –propuxo a faba-, posto que tivemos a sorte de fuxir da morte, deberiamos seguir reunidas as tres en amistosa compaña e, para evitar que nos ocorra aquí outro percance, marchemos xuntas a outras terras.

A proposta gustoulles ás outras dúas, e xuntas emprenderon o camiño. Dalí a un pouco chegaron á beira dun regato e, como non había ponte nin pasarela, non sabían como cruzalo. Pero á palla ocorréuselle unha idea:

-Eu deitareime e farei de ponte para que pasedes vós.

Tendeuse a palla de beira a beira, e a brasa, que por natureza era fogosa, deuse présa a cruzar. Pero cando estivo na metade da palla, oíndo o marmurio debaixo dos seus pés, sentiu medo e parouse, sen atreverse a recuar. A palla empezou a arder e, partíndose en dous, caeu ao regato levando con ela a brasa que, cun queixido, expirou ao tocar a auga. A faba que prudentemente se quedara á beira do regato non puido conter a risa ante a escea. Tanto riu a faba que rebentou.

Tamén ela tería rematado alí a súa existencia. Pero quixo a sorte que un xastre que estaba de viaxe se detivera a descansar á beira do regato. Como era un home de bo corazón, sacou o fío e a agulla e coseulle o rachón. A faba deulle as gracias do xeito máis efusivo, pero como o xastre empregara fío escuro dende aquel día todas as fabas teñen unha costura negra.

(Adaptación dos irmáns Grimm).
Porque os feixóns son tan pequenos?
A princesa e a faba
A faba máxica
Tolina, a faba rosmona
A palla, a ascua e a faba


© CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FABA, LOURENZÁ