Sabías que...? Sabías que unha pranta de faba pode medir máis que Pau Gasol? O talo dunha pranta de faba pode acadar máis de dous metros de lonxitude, o dobre que as súas raíces. Isto danos en total un metro máis que Pau!
Sabías que hai hamburguesas de fabas? As fabas son un dos alimentos máis empregados arredor do mundo. Ademais de cociñarse en guisos e estufados, empréganse noutro tipo de pratos como hamburguesas ou saladas. As fabas poden consumirse enteiras, esmagadas ou moerse para facer fariña, coa que se elaboran doces e biscoitos.
Sabías que comemos as sementes da faba? Normalmente comemos os froitos das árbores e as prantas. No caso das fabas, o que consumimos é a súa semente, como pode ocorrir coas patacas ou os allos. O froito da faba correspóndese co bagullo que as protexe.
|