 |
 |

| Este é un xogo moi sinxelo -só precisamos de cinco fabas-, que require certa habilidade e destreza física. Trátase dun xogo popular, agora algo esquecido, que seguramente practicaron os teus pais de nenos. |
 Para xogar debedes formar un círculo, sentados ou axeonllados. Nunha das variantes do xogo, no centro do círculo colócase unha cunca con cinco fabas. Podedes engadir máis, dependendo da vosa habilidade e da dificultade que queirades darlle ao xogo.
Neste caso esqueceremos a cunca e xogaremos só con cinco fabas.
A quenda para cada xogador debe seguir o sentido das agullas do reloxo. O primeiro en participar ten que coller as cinco fabas e lanzalas ao aire. Antes de que caian ao chan debe recoller co dorso da man o maior número de fabas posible. As que se recollen deste xeito pasan a ser as fabas paleadeiras. Non desesperedes se non conseguides coller moitas, sobre todo se é a primeira vez que xogades...
A peladoira vólvese lanzar ao aire. Tedes que recollela de novo co dorso da man, pero mentres esté no aire debedes apañar unha das outras catro fabas do chan. Así, de faba en faba, ata que consigades collelas todas.
Se o primeiro xogador non recolle ningunha faba do chan perde e tócalle intentalo ao seguinte.
Cando un xogador consigue recoller todas as fabas dunha en unha pasa á seguinte fase. Nesta o mecanismo é indéntico pero as fabas recóllense de dúas en dúas, logo de tres en tres, despois de catro en catro e finalmente as cinco xuntas de novo.
Se tamén se supera a última proba é a hora de facer unha ponte cos dedos índice e polgar. Coa outra man vólvese lanzar a paleadeira, que se recolle do mesmo xeito, e mentres está no aire vanse lanzando as fabas dunha en unha por debaixo da ponte. Neste caso se o xogador pasa non queda eliminado e pode lanzar a paleadeira tantas veces como precise.
O primeiro que consiga concluír todas as fases será o gañador do xogo. |
 |
|