Faba de Lourenzá NoticiasCentro de prensaSubscriciónLigazónsPostaisLibro de visitas
Centro de interpretación Faba no mundo Faba Lourenzá Gastronomía Festa da faba Para nenos Lourenzá

Globo 1
De fábula Xoguemos Sabías que...? Manualidades
Globo 3
Mascota
 

Amazonas

Para dous xogadores

Precisades debuxar un cadrado de 8x8 casas e darlle nome aos laterais: na vertical 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8; na horizontal A, B, C, D, E, F, G e H. Pintade de cor máis escura unha casiña si e outra non.
Amazonas
Cada xogador dispón de 4 fabas. É mellor que elixades fabas de cores diferentes -brancas e escuras- para non confudir as dun xogador coas do outro.

A disposición inicial das fabas debe ser a seguinte para os dous xogadores: unha faba na casiña A3, outra na C1, outra na F1 e a cuarta na H3.

En cada quenda o xogador debe realizar dúas accións:
-Primeiro. Move a faba que prefira, sempre en liña recta horizontal, vertical ou diagonal, tantas casas como queira se non hai ningunha outra faba no camiño.
-Segundo. Unha vez que decida deixar a faba nunha nova casa debe marcar cunha cruz unha das casas baleiras entre as colindantes coa casa na que depositou a faba.

En cada xogada, polo tanto, queda eliminada unha casa, o que impide que se poida pasar por ela. Entón perde aquel xogador que non pode continuar movéndose.
As tabas ou pelouros... pero con fabas
Pai, fillo, nai
Amazonas
A mancala
Máis xogos


© CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FABA, LOURENZÁ