 |
 |

PalmasEste é un xogo de equipos. Poden ser dous ou máis, pero todos coa mesma cantidade de xogadores.
Precisades un saquiño con fabas, unha cadeira para cada equipo e debuxar unha liña de saída. |
 Os equipos colócanse por detrás da liña de saída, en fila india e cada equipo en paralelo ao outro. Entre os membros dun mesmo equipo debe haber un brazo de distancia.
A uns 10 metros da liña de saída cada equipo sitúa a súa cadeira. Cando se dá a saída, cada un dos xogadores na cabeceira dos equipos lanza o saquiño de fabas ao aire mentres bate palmas. Ten que lanzar o saco para arriba e cara atrás -sen mirar- e correr a colocarse no último posto da fila.
O segundo xogador bate palmas ao tempo que o primeiro e debe ser o que recolla o saco coas fabas. Unha vez feito isto debe chegar ata a cadeira correndo á pata coxa, rodeala e lanzar tres veces o saco batendo as palmas. Na terceira pásalle o saco ao seguinte compañeiro e bota a correr para colocarse no último posto da fila. E así consecutivamente, con cada xogador.
Neste xogo existen tres infraccións que supoñen a perda dun punto. Queda fóra aquel que non bata as palmas cando corresponda, aquel que ao situarse na cabeceira da fila non estea por detrás da liña de saída e aquel que o lanzar o saco de fabas salte a algún dos seus compañeiros.
O equipo gañador será o que primeiro volva a ter na cabeceira da fila ao xogador que a comezou, sempre e cando non perdera tres ou máis puntos.
O xogo do paxaro Neste entretemento de adiviñas xógase por parellas. Cada membro da parella colle unha morea de fabas e o que comeza di cantando: "Que paxaro é este?". O que neste caso sería o xogador número dous responde, tamén cantando, coa seguinte frase: "É unha......." e elixe o nome dun paxaro.
Se acerta cambia a quenda e pregunta o xogador número dous pero se non acerta gaña, por cada erro, unha faba.
O obxectivo do xogo é desfacerse de todas as fabas.
|
 |
|