A Faba no Mundo
A faba é unha planta herbácea da familia das leguminosas (Fabaceae). Este tipo de plantas producen sementes comestibles que maduran dentro do bagullo que as protexe. Nalgúns casos, coma o dos feixóns, esta vaíña tamén é comestible.
As flores desta familia botánica posúen un só carpelo –estrutura que pecha o órgano sexual feminino-, que despois se converte en legume. Dentro desta familia das leguminosas figuran numerosos xéneros e máis de 18.000 especies diferentes.
A máis coñecida e comercializada delas é a Phaseolus vulgaris L., coñecida comunmente cos nomes de faba ou feixón (en Galicia), judía común (en España) ou frijol común (en América).
|
Morfoloxía A especie Phaseolus vulgaris L. presenta unha serie de características xerais, como a forma das súas flores, follas e sementes. Malia iso, existen rasgos específicos para cada unha das variedades nas que se divide.
Orixe e historia As leguminosas forman parte da alimentación humana dende as orixes da agricultura. As fabas eran xa coñecidas polos antigos gregos, exipcios e romanos, que as consumían en multitude de receitas.
Produción e distribución No ano 2003 a extensión mundial dedicada ao cultivo de fabas comprendía un total de 23 millóns de hectáreas. En España, Galicia é a segunda comunidade produtora, superada tan só por Castela-León.
Sabías que...? ...grazas ás fabas é posible converter en branco o viño tinto? Ou que xa no Imperio Romano se implantou o costume de introducir un destes legumes no Roscón de Reis? Para descubrir a faciana máis descoñecida das fabas...
|
|