Faba de Lourenzá Noticias Centro de prensa Suscripción Enlaces Postales Libro de visitas
Centro de interpretación Haba en el mundo Faba Lourenzá Gastronomía Festa da Faba Para niños Lourenzá
Globo 1
Noticias Encuestas
Globo 3
Mascota
 
Imaxe das instalacións
DURANTE A FESTA DA FABA
O Centro de Interpretación da Faba abre as súas portas
O pasado sábado 2 de outubro quedou oficialmente inaugurado o Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá. Centos de persoas visitaron ao longo da fin de semana este museo pioneiro no que é posible coñecer a historia e características da faba dende diversas perspectivas.

[05/10/2004] O Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá rexistrou unha gran afluencia de público durante as súas primeiras xornadas de apertura. O Director Xeral de Planificación e desenvolvemento Comarcal, Jesús Cudeiro Mazaira, foi o encargado de inaugurar oficialmente as instalacións. Interviñeron ademais no acto o alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez-Sierra e representantes da empresa Vieiros S.L., responsable da posta en marcha do recinto.

Este novo museo constitúe unha clara aposta de futuro orientada ao coñecemento, promoció e divulgación da Faba de Lourenzá. As súas instalacións divídense en diferentes bloques temáticos que analizan aspectos como a historia da leguminosa, as cifras de produción mundial ou a importancia dos cultivos na Mariña lucense.

Ademais de contar con paneis divulgativos, o Centro de Interpretación da Faba inclúe unha sala de proxeccións e unha zona cíber dotada de varios equipos informáticos. Por último, destaca especialmente a sala túnel, onde poden contemplarse diversos apeiros, cedidos polos agricultores da zona, empregados no cultivo e recolección da faba.

A posta en marcha do Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá foi posible grazas a un proxecto Leader Plus no que se integran a Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, AGADER, a Comisión Europea D.G. Agricultura, INLUDES, a Deputación de Lugo e o Concello de Lourenzá.

- Xunta de Galicia
- Axencia Galega de Desenvolvemento Rural -AGADER-
- Deputación de Lugo
- INLUDES
- Ministerio de Agricultura


« Noticias
 


Que é o que máis valoras da Festa da Faba?
As degustacións gastronómicas.
Os concertos e verbenas.
O mercado dos fabeiros.
A feira de artesanía.
As exposicións e actos culturais.
Ver resultados


Noticias
- Presentación da nova edición da Festa da Faba


© CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FABA, LOURENZÁ