Faba de Lourenzá Noticias Centro de prensa Subscrición Ligazóns Postais Libro de visitas
Centro de interpretación Faba no mundo Faba Lourenzá Gastronomía Festa da faba Para nenos Lourenzá
Globo 1
Centro de prensa Hemeroteca Descarga de imaxes
Globo 3
Mascota
 
EN COLABORACIÓN COA FÁBRICA DE CERVO
Homenaxe á Cerámica de Sargadelos
A Festa da Faba renderalle no seu XV aniversario unha homenaxe á Cerámica de Sargadelos. Con esta proposta dáselle continuidade á lenda das artes ideada en 1999 para unir os conceptos de natureza e arte. Esta iniciativa levou a que o cartel da Festa da Faba estea dedicado en cada edición a unha arte ou estilo artístico. Neste 2005, a Cerámica de Sargadelos é protagonista.

[10/09/2005] Neste XV aniversario da Festa da Faba, o obxectivo do comité organizador é renderlle unha homenaxe á Cerámica de Sargadelos. Deste xeito recoñécese a implicación coa arte que ainstitución vén ofrecendo dende o seu nacemento. Outro dos factores da escolla foi cercanía xeográfica dos concellos de Lourenzá e Cervo, onde se asenta a fábrica de Sargadelos.

Os soportes gráficos, cartel e folleto, están deseñados polo equipo de Sargadelos, sendo a protagonista do mesmo unha peza de Luis Seoane, o "paxaro e o sol".

Nesta edición da Festa da Faba, todos os visitantes poderán gozar ademais dunha exposición única de pezas de Sargadelos. Esta terá lugar no Centro de Interpretación da Faba.

A organización agradece de xeito especial a colaboración amosada por parte da Fábrica de Sargadelos, tando dende o equipo directivo como polo equipo de deseño. É para nós unha honra celebrar este XV aniversario rendendo esta homenaxe á pretixiosa cerámica de recoñecemento internacional.

- Descargar a nota de prensa completa


« Centro de prensa
 


© CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FABA, LOURENZÁ