Faba de Lourenzá Noticias Centro de prensa Suscripción Enlaces Postales Libro de visitas
Centro de interpretación Haba en el mundo Faba Lourenzá Gastronomía Festa da Faba Para niños Lourenzá
Globo 1
Centro de prensa Hemeroteca Descarga de imágenes
Globo 3
Mascota
 
NA XIV FESTA DA FABA
Máis de 50 expositores inscritos
A XIV Edición da Festa da Faba -Festa de Interese Turístico Galego-, que se celebrará durante o sábado e domingo 2 e 3 de outubro, acollerá a máis de 50 expositores. A este efecto, ademais de ocupar os dous claustros habituais, Mosteiro de San Salvador e Pozo Santo, para acoller a gran demanda de solicitudes recibidas de artesáns e empresas de distinta índole. Por este motivo, queda pechado prazo de reserva de expositores.

[17/09/2004] Representación de toda Galicia e gran diversidade de productos
As 4 provincias galegas estarán representadas na Festa da Faba, achegándose expositores de: Monforte de Lemos, Vigo, Celanova, A Coruña, Santiago, Teo, Leiro, Melide, Silleda, Valdoviño, etc.

Entre as novidades desta edición figuran: obradoiro de instrumentos tradicionais, vidro fundido, esmalte sobre metal, manualidades de roupa e bisutería, licores artesanais,etc xunto co obradoiro "Artesanía os Muiños" –Mondoñedo- que aportará, por vez primeira un espectáculo de títeres, así como, entre outros, un artesán de fotografía tradicional.

Todos estes artesáns estarán arroupados pola gran diversidade de sectores que se poden atopar na Festa da Faba: artesanía en madeira, xoias, coiro, praterías, cerámica, ferreiro, zoqueiro, cesteiro, encaixe de camariñas, etc. Asimesmo, como Concellos convidados a expor nesta edición, contarase coa presencia de Mondoñedo, Viveiro e Burela.

Finaliza o Prazo para o VIII Concurso Fotográfico Festa da Faba
Asimesmo, o último día para a recepción dos orixinais que optarán ós premios de 500 e 200 euros no VIII Concurso Fotográfico Festa da Faba é o próximo mércores 22 de setembro. Segundo figura nas Bases (en www.fabadelourenza.com), cada concursante pode presentar un máx. de 8 fotografías e un mín. de 4, inéditas e non premiadas noutros certames. Poderán ser a cor ou b/n e nun formato mín. de 18x24 cm. e máx. de 30x40 cm.

Os Premios ofrecidos por OTM -Otero Transformación Maderera- son:
-Gañador Serie "Libre/Lourenzá" ............................... 500 €
-Gañador Serie Libre .................................................200 €
A entrega realizarase o sábado 2 de outubro no Claustro do Mosteiro.



« Centro de Prensa
 


© CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FABA, LOURENZÁ