| NO CENTRO CÍVICO DO CONCELLO
Presentación da XIV Festa da Faba
O Concello de Lourenzá –Lugo- convida ó seu Medio de Comunicación á Presentación Oficial da XIV Festa da Faba (2 e 3 de outubro) o venres 24 de setembro ás 12:00 h. no Centro Cívico do Concello de Lourenzá (Torreón dos Frades –Mosteiro de San Salvador-).
Neste senso intervirán os seguintes voceiros para destacar, entre outros, os puntos e novidades máis importantes desta edición.
-D. Vidal Martínez-Sierra López, Alcalde de Lourenzá
[17/09/2004] ·Presentación de cartel. Coa colaboración do Museo de Pobo Galego mediante a cesión de imaxes da película "O Carro e o Home" de Xaquín Lorenzo (Letras Galegas 2004), o Concello de Lourenzá adícalle este ano a Festa da Faba a este etnógrafo, escritor e autor de multitude de textos vencellados á tradición e cultivo da faba e á nosa agricultura en xeral.
·"A lenda das Artes": O cine. Seguindo coa liña xa marcada en anteriores edicións de salientar unha arte en cada edición da Festa da Faba, esta vez a protagonista é o cine, polo que, en colaboración co CGAI –Centro Galego de Arte e Imaxe- proxectarase o Documental "O carro e o Home" ó longo dos dous días.
·Concerto sábado 2 de outubro: CÓMPLICES
O Grupo Cómplices (Teo Cardalda e María Monsonís) actuarán na xornada de apertura da XIV Festa da Faba ás 24:00 h. na discoteca El Recreo, con cancións dos seus discos como Es por ti, Los Tejados, Presos del tiempo, Ojos gitanos, Ángeles Desangelados, etc.
-D. Manuel Valín Valdés, Xerente Fundación Comarcal Mariña Central
·Centro de Interpretación da Faba
Como aposta de futuro para o coñecemento, divulgación e promoción desta leguminosa, neste Proxecto Leader Plus están integrados os seguintes organismos: Xunta de Galicia, Ministerio de Agricultura, AGADER, Comisión Europea D.G. Agricultura, INLUDES, Deputación de Lugo e Concello de Lourenzá.
« Centro de Prensa
|