Centro de prensa
CON TODA A INFORMACIÓN SOBRE O EVENTO
Dossier de prensa XV Festa da Faba
[23/09/2005] Os profesionais dos medios de comunicación poden consultar dende hoxe o dossier de prensa con toda a información relativa á XV Festa da Faba. O documento inclúe o programa completo de actividades previstas, datos sobre a Faba de Lourenzá e sobre o seu Centro de Interpretación, inaugurado no ano 2004.
Documento de 14 páxinas en formato Word

- Dosier de prensa 2005, completo
 EN COLABORACIÓN COA FÁBRICA DE CERVO
[10/09/2005] A Festa da Faba renderalle no seu XV aniversario unha homenaxe á Cerámica de Sargadelos. Con esta proposta dáselle continuidade á lenda das artes ideada en 1999 para unir os conceptos de natureza e arte. Esta iniciativa levou a que o cartel da Festa da Faba estea dedicado en cada edición a unha arte ou estilo artístico. Neste 2005, a Cerámica de Sargadelos é protagonista. Ampliar Noticia

 CON TODA A INFORMACIÓN SOBRE O EVENTO
Dossier de prensa XIV Festa da Faba
[24/09/2004] Está xa a disposición dos profesionais dos medios de comunicación o Dossier de Prensa con toda a información sobre a XIV Festa da Faba. Completo programa de actividades, degustacións gastronómicas, exposicións, mercado de fabas, concertos, etc.
Documento de 17 páxinas en formato Word.

- Dossier de Prensa 2004, completo
 NO CENTRO CÍVICO DO CONCELLO
[17/09/2004] O Concello de Lourenzá –Lugo- convida ó seu Medio de Comunicación á Presentación Oficial da XIV Festa da Faba (2 e 3 de outubro) o venres 24 de setembro ás 12:00 h. no Centro Cívico do Concello de Lourenzá (Torreón dos Frades –Mosteiro de San Salvador-).
Neste senso intervirán os seguintes voceiros para destacar, entre outros, os puntos e novidades máis importantes desta edición.
-D. Vidal Martínez-Sierra López, Alcalde de Lourenzá
Ampliar Noticia

 NA XIV FESTA DA FABA
[17/09/2004] A XIV Edición da Festa da Faba -Festa de Interese Turístico Galego-, que se celebrará durante o sábado e domingo 2 e 3 de outubro, acollerá a máis de 50 expositores. A este efecto, ademais de ocupar os dous claustros habituais, Mosteiro de San Salvador e Pozo Santo, para acoller a gran demanda de solicitudes recibidas de artesáns e empresas de distinta índole. Por este motivo, queda pechado prazo de reserva de expositores. Ampliar Noticia


| Seguinte »
|